Thursday 19 de September de 2024

Unha trintena de mozas e mozos de Boqueixón e Vedra viaxan a Alacante


Unha trintena de mozas e mozos de entre 14 e 16 anos de Boqueixón e Vedra participan esta semana no Campamento Recreando. Unha actividade incluída na Acción de Verán desenvolvida de xeito conxunto por ambos os dous Concellos e que finalizará o luns 8 de xullo.

O Campamento Recreando comprende a realización de distinto tipo de actividades. Entre elas, visitas a Aqualandia, Mundo Mar, Alacante, San Juan e tamén o parque de atracción Terra Mítica. Ademais, a mocidade participante tamén está a desenvolver un proxecto para levar a cabo unha acción de voluntariado proposta por eles.